La Ciudad hacia el Agua. Octubre 2008. 280 asistentes. Dirección Académica: Joán Busquets
A actividade fundamental durante estes primeiros cinco anos foi o desenvolvemento dos Encontros Internacionais de Arquitectura. A importante dimensión este evento -o maior congreso periódico de arquitectura celebrado en Europa- permitiu crear unha infraestrutura estable que xestiona todas as partes que participan nestas xornadas, desde os contidos teóricos ata a imaxe gráfica, pasando pola planificación de actividades ou o control de asistencia. A capacidade de xestión global do evento confírelle unha coherencia e control imposible se se realizase a través de distintos axentes. Tras a experiencia na celebración deste evento, coordinamos o I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo, CITUR.